Este servizo presta unha atención media semanal a 114 persoas maiores ou dependentes e realiza 1.877 horas mensuais de atención.
No ano 2023 realizáronse un total de 22.524 horas anuais, segundo apunta o corregidor de Ribadavia, César Fernández, quen engade que para o desenvolvemento deste servizo, o Concello conta cunha plantilla de 19 auxiliares de axuda no fogar.
Dende o día 1 deste mes de febreiro, o Concello de Ribadavia ten asinado un acordo de colaboración cos tres centros de fisioterapia de Ribadavia, “co obxetivo principal de previr e mellorar a saúde sindical das traballadoras, e así mesmo de fomentar o traballo dos establecementos locais de fisioterapia con domilio no concello”, explica o corregidor.
Esta nova medida contemplada no acordo de colaboración consta dun desconto do 50% do prezo para 6 sesións de fisioterapia anuais. “Trátase dunha medida innovadora, que non existe na actualidade en ningún outro concello, que pretente mellorar a saúde das auxiliares e previr distintas lesións asociadas ao posto de traballo”, matiza César Fernández.
“Estamos orgullosos do funcionamento do servizo”, sinala César Fernández, que considera que esta medida pode axudar a evitar e previr lesións e mitigar as molestias ocasionadas por o seu traballo físico.