Os nenos de Manzaneda disfrutaron do Entroido


No colexio de Primaria de Manzaneda, nenos, mestres e familias se xuntaron para solazarse da súa xornada máis entroideira, dando a ronda pola vila co seu fulión e unha chea de personaxes infantís.

Desde o propio centro comezaron o seu desfile cara as 11,00 horas ata o centro de día, parando en algúns puntos da vila.

No centro de día compartiron espazo cos maiores da residencia tamén disfrazados. Os cativos leron uns versos adicados ás súas familias e alí mesmo tiñan unha merenda preparada.

Brancaneves e os sete ananos.

Ademáis os seus disfraces este ano versaban sobre contos infantís, e aproveitando a temática, no centro de día, cada rama facía unha pequena estampa relacionada co seu conto.

No percorrido pola vila de Manzaneda algúns veciños lle ofreceron doces e bebidas aos máis pequenos para repoñer forzas no percorrido. 

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *